Apetamcor creará unha plataforma reivindicativa para apoiar ao sector dos portavehículos
- Os transportistas de portavehículos iniciarán o luns 7 de marzo un paro indefinido, ante a negativa dos seus clientes para negociar medidas de mellora económica e de traballo que alivien a crítica situación que atravesan.
- Dende Apetamcor crearemos unha plataforma de reivindicación para todos os nosos asociados afectados por esta problemática. O obxetivo será facer presión para negociar ante as grandes operadoras loxísticas.
Os transportistas de portavehículos veñen soportando unha situación insostible desde que comezou a pandemia en marzo do 2020, principalmente pola caída de demanda desde o inicio pandémico e pola elevada suba dos custos nos últimos meses, especialmente do gasóleo.
A falta de resposta por parte dos seus clientes, levou a TRANSPORTAVE, federada en FENADISMER, a convocar un paro indefinido de portavehículos desde o 7 de marzo.
Así, dende Apetamcor, queremos respaldar a cruda realidade que viven os transportistas de portavehículos, polo que constituiremos unha plataforma de afectados para reivindicar a urxente negociación dos seguintes puntos coas grandes operadoras loxísticas:
- Actualización de prezos para poder recuperar o poder adquisitivo de 2021, para o que é imprescindible incluir a cláusula do gasóleo máis a porcentaxe perdida.
- Seguro de mercancías que respalde a realidade do sector. É preciso coñecer a poliza en profundidade: custos, coberturas, valoración de danos, tempos de espera, peritaxes… etc.
- Verificación dos km reais das rutas.
- Contratos de traballos estables que proporcionen seguridade na inversión.
- Creación dun protocolo de actuación claro por parte das empresas loxísticas para as que se presta o servizo: fábricas, campas e concesionarios. Así coma un protocolo claro de carga tanxible e concreto.
- Reclamo das paralizacións, tal e como está estipulado por lei.
- Establecemento dunha mesa negociadora que fomente o contacto permanente e directo coas cargadoras.
- Mellora das instalacións destinadas á espera, así coma do trato persoal cara os condutores dos portavehículos.