PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS ATA O 10/09/2020
Segundo establece a Resolución do 31 de xullo de 2020 da Dirección Xeral de Mobilidade, publicada o pasado 13 de agosto de 2020, ábrese o prazo para a tramitación das instancias que dan dereito a participar na convocatoria das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade, para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril.
Os interesados/as en tramitar a instancia que da dereito a participar nesta probas, poden dirixirse xa á asociación para efectuar dito trámite antes do 10 de setembro de 2020.
EXAMES: DATA E CARACTERÍSTICAS
A data das probas será determinada nunha vindeira resolución pola que se fixen os cadros de horarios e a relación definitiva de admitidos e excluídos. Previsión: Novembro 2020.
As probas constan de 50 preguntas tipo test e de caso práctico, e será necesario aprobar ambas partes.
CURSO ONLINE PREPARATORIO PARA AS PROBAS
Todas aquelas persoas que desexen presentarse ás probas coa mellor preparación posible, xa poden inscribirse ao curso que organiza Apetamcor na modalidade online para todas as especialidades, impartido a través de clases maxistrais en directo a través de Aula Virtual.
Os interesaodos/as que desexen presentarse á convocatoria 2020 e/ou queiran inscribirse no noso curso preparatorio, poden contactar co noso Dpto. de Formación na sede que corresponda.
EN QUE CASOS AS EMPRESAS DEBERÁN CONTAR CUN CONSELLEIRO DE
SEGURIDADE?
O Real Decreto 1566/2009 establece os casos nos que as empresas deberán contar
obrigatoriamente coa figura do Conselleiro de Seguridade:
- Empresas que realicen portes con mercadorías perigosas (independentemente do número de viaxes que se realice ao ano).
- Empresas que dispoñan de depósito propio de combustible de capacidade superior a 1.000 litros, excepto que a empresa subministradora de combustible asuma a responsabilidade nas operacións de descarga de forma expresa.
- Empresas que se provean de materias consideradas como perigosas necesarias para o desenvolvemento da súa actividade (industrias químicas, canteiras, etc.).
- Empresas que xestionen residuos catalogados como perigosos (residuos da construción que conteñen amianto, terras contaminadas, etc.).