Programa Verea
SI427A 2020/72-0 e SI427A 2021/48-0
Atención e asesoramento para mulleres en situación de vulnerabilidade.
O Programa Verea pretende acompañar as participantes, mulleres en situación de violencia de xénero, nese proceso de “facer camiño a pos de transitar”. Para elo, partiremos dun enfoque de dereitos, de empoderamento e de participación no seu propio proceso de benestar e integración.
Este Programa está financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80%, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
Ten como finalidade fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral.
Este programa conta con seis eixes de actuación:
- Orientación e Información de recursos
- Atención Psicolóxica.
- Asesoramento Xurídico.
- Mediación intercultural e/ou familiar.
- Orientación Laboral.
- Obradoiros e Formacións.