Programa Verea

SI427A 2020/72-0 e SI427A 2021/48-0

Atención e asesoramento para mulleres en situación de vulnerabilidade.

O Programa Verea pretende acompañar as participantes, mulleres en situación de violencia de xénero, nese proceso de “facer camiño a pos de transitar”. Para elo, partiremos dun enfoque de dereitos, de empoderamento e de participación no seu propio proceso de benestar e integración.

Este Programa está financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80%, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Ten como finalidade fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral.

Este programa conta con seis eixes de actuación:

  1. Orientación e Información de recursos
  2. Atención Psicolóxica.
  3. Asesoramento Xurídico.
  4. Mediación intercultural e/ou familiar.
  5. Orientación Laboral.
  6. Obradoiros e Formacións.