Benvido/a!

Somos Apetamcor, a Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia, unha organización profesional representativa de Galicia para pequenas e medianas empresas/autónomos no transporte de mercadorías por estrada.

Na actulidade, contamos con 4 sedes permanentes en Galicia: Ourense (servizos centrais), Santiago de Compostela, O Porriño (Pontevedra) y Lugo.

A nosa asociación non persegue fins especulativos ou lucrativos, e é totalmente independente das Administracións Públicas, sindicatos e partidos políticos. Así pois, Apetamcor naceu para representar, xestionar, defender e coordinar os intereses dos/as transportistas.

MISIÓN, VISIÓN E VALORES

  • Representación, defensa e coordinación dos intereses dos/as transportistas.
  • Defensa da liberdade de empresa e a libre competencia como factores básicos dunha economía competitiva.
  • Dignificación do sector do transporte de mercadorías.
  • Profesionalización e asesoramiento profesional dos/as transportistas, para o mellor desenvolvemento dos seus obxectivos.
  • Impulso do I+D e a innovación no sector do transporte de mercadorías.
  • Impulso da responsabilidade social e empresarial.
  • Promoción da igualdade de xénero a través da implementación de medidas que favorezan a incorporación efectiva das mulleres no sector; conciliación da vida laboral e familiar e a integración dos sectores socais máis desfavorecidos.
  • Promoción e desenrolo da prevención de riscos laborais nas empresas.
  • Defensa, respecto e protección do medio ambiente.