• Reanúdase ata o 30 de Xuño o prazo para a tramitación da instancia que dá dereito a participar nas probas previstas para o presente ano 2020.
  • Como xa se informou, quen desexe preparar estas probas pode inscribirse no curso online que organiza Apetamcor: Teleformación + Clases por Aula Virtual.

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS ATA 30/06/20

Segundo establece o artigo 9 do Real Decreto 537/2020 do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, reanúdase o prazo para a tramitación de instancias que dan dereito a participar na convocatoria das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de Xestor de Transporte, sendo a data límite o 30 de xuño de 2020.

REQUISITOS DE ACCESO ÁS PROBAS

Cómpre recordar que para poder participar nas probas, será preciso estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de formación: Título de bacharelato ou equivalente, Título de FP de grao medio ou superior e/ou Título universitario de grao ou posgrao.

CURSO ONLINE PREPARATORIO PARA AS PROBAS

Todas aquelas persoas que desexen presentarse ás probas coa mellor preparación posible, aínda poden inscribirse durante este mes de xuño no curso que organiza Apetamcor na molidade online, impartido a través de Plataforma de Teleformación complementada con clases maxistrais en directo a través de Aula Virtual.

A través da plataforma, o alumno/a poderá acceder a todo o temario do curso, aos test e supostos prácticos do banco de preguntas do Ministerio de Transportes, así como aos exames oficiais das últimas convocatorias celebradas en Galicia.Os interesados/as que desexen presentarse á convocatoria 2020 e/ou queiran inscribirse no noso curso preparatorio, poden contactar co noso Dpto. de Formación na sede que corresponda.

  • Apetamcor Ourense: 988 254 200
  • Apetamcor Santiago de Compostela: 981 574 922
  • Apetamcor Lugo: 982 256 109
  • Apetamcor O Porriño (Pontevedra): 986 342 233