Reserva xa os sinais de ángulos mortos para o teu vehículo obrigatorios en Francia

  • A partir de xaneiro de 2021, todos os camións e conxuntos de vehículos de máis de 3,5 t que circulen polas estradas francesas deberán ir provistos de sinais identificativos para advertir ao resto de usuarios dos seus ángulos mortos, adheridos nos laterais e na parte traseira do vehículo.
  • APETAMCOR pon á disposición de todas aquelas persoas interesadas, a posibilidade de adquirir estos sinais en packs de 6 unidades ao prezo de 19,90 euros (IVE non incluído). Fai xa o teu pedido aquí.

OBRIGADA A SINALIZACIÓN A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 2021

No mes de Decembro do pasado ano 2019, o Goberno galo modificou mediante Lei o seu Código de Circulación introducindo como novidade, a obriga de que todos os vehículos de transporte de mercadorías e conxuntos de vehículos de máis de 3,5 t que circulen polas estradas francesas, vaian equipados cunha sinalización de advertencia nos laterais e na parte traseira do vehículo.

Dita obriga legal entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2021, malia que previsiblemente o Goberno francés establecerá un período transitorio de varias semanas para a súa aplicación.

Así e todo, no caso dos vehículos de motor e remolques ou semirremolques nos que se demostre unha imposibilidade estructural de intalar estos sináis identificativos (ex: camións hormigonera ou grúa), estarán exentos da súa colocación.

CANTOS SINAIS PRECISO E ONDE PODO ADQUIRILOS?

Segundo o tipo de vehículo do que se trate, precisaremos:

  • Camión ríxido: 3 unidades.
  • Trailer (tractora + semiremolque): 6 unidades.
  • Tren de estrada (ríxido + remolque): 6 unidades.

A fin de cumprir con esta nova obriga legal, APETAMCOR pon á disposición de todas aquelas persoas interesadas a posibilidade de adquir packs de 6 unidades de sinais identificativos e instruccións para a súa colocación, polo prezo de 19,90 euros a unidade (IVE non incluído).

Os interesados/as poderán realizar o seu pedido cumprimentando o
seguinte formulario > ver formulario.

Nota: Os pedidos entregaranse nun prazo aproximado de 10 días laborables unha vez realizados, en calquera das nosas sedes de forma gratuíta, e/ou poderase solicitar o envío a domicilio cun custe adicional de 5,99 euros.