RESTRICIÓNS ALEMANIA 2021
As restricións afectan aos vehículos pesados con máis de 7,5 toneladas de MMA.
A prohibición ten lugar os domingos e festivos de 00:00 a 22:00 horas e aplícase a toda a rede de estradas. Ademáis, no verán hai restricións adicionais dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto dende as 07:00 ata as 20:00 horas nas A1, A2, A3, A5, A6, A7, A8, A9/E51, A10, A45, A61, A81, A92, A93, A99, A215, A831, A980, A995, B31 e B96/E251.
Días festivos 2021:
– 1 de xaneiro: Aninovo
– 2 de abril: Venres Santo
– 5 de abril: Luns de Pascua
– 1 de maio: Día do Traballo
– 13 de maio: Ascensión
– 24 de maio: Luns de Pentecostés
– 3 de xuño: Corpus Christi (só en Baden-Wurtemberg, Baviera, Hessen, Renania del Norte-Westfalia, Renania-Palatinado e Sarre)
– 3 de outubro: Día da Unificación Alemana
– 31 de outubro: Día da Reforma (só en Brandeburgo, Bremen, Hamburgo, Baja Sajonia, Mecklenburg-Vorpommern, Sajonia, Sajonia-Anhalt, Schleswig-Holstein e Turingia)
– 1 de novembro: Día de Tódolos Santos (só en Baden-Wurtemberg, Baviera, Renania del Norte-Westfalia, Renania-Palatinado e Sarre)
– 25 de decembro: Nadal
– 26 de decembro: Día de Santo Estevo
Sen embargo, están exentos de cumprir con esta norma:
- O transporte combinado de mercadorías por estrada/ferrocarril dende o barco ata a central de carga máis próxima da estación de ferrocarril, ou dende la estación de ferrocarril designada ata unha distancia de 200 quilómetros.
- O transporte combinado de mercadorías mar/estrada entre o sitio de carga e descarga e o porto situado nun radio máximo de 150 quilómetros (carga ou descarga)
- A entrega de leite fresco e outros productos cotidianos, carne fresca e os seus derivados, pescado fresco, pescado vivo e os seus derivados e alimentos perecederos (froita e verdura).
- Transportes de grúas para servicios de averías no caso de emerxencias ou accidentes
- Transporte de abellas vivas
- Vehículos baleiros, en conexión coas operacións de transporte mencionadas.
Nestes casos, necesitaráse unha autorización por parte das autoridades locais.