RESTRICIÓNS FRANCIA 2021

Establecéronse as novas restriccións de circulación para vehículos de máis de 7.500 quilogramos de MMA de transporte por autoestrada e autocares.

Serán aplicables durante todo o ano 2021 e introdúcense novidades que quedan integradas na normativa xa vixente.

De cara a 2021, Francia impón novas normativas que se refiren a vehículos de máis de 7,5 toneladas para o transporte de mercadoría ADR por autoestrada, coa excepción de vehículos especializados e de materiais e equipos agrícolas.

En primeiro lugar, mantéñense as prohibicións de circulación por autoestrada:

  • Tódolos sábados do ano dende as 22 horas ata as 22 horas do domingo.
  • Vésperas de festivo dende as 22 horas ata as 22 horas do día seguinte (festivo).

As novas normas reducen lixeiramente as limitacións xa existintes para o periodo invernal. As restricións aplicables para este ano en canto a vehículos pesados establecen o seguinte:

  • Periodo invernal: dende as 7 e ata as 18 horas nas autoestradas de Auverge – Rh Alpes, os sábados 6, 13, 20 e 27 de febreiro e 6 de marzo, permitíndose a circulación dende as 18 ata as 22 horas.
  • Periodo estival: dende as 7 e ata as 19 horas en toda a rede viaria de Francia os sábados 24 e 31 de xullo, así coma os 7, 14 e 21 de agosto. Durante estes sábados permitirase a circulación entre as 19 horas e a medianoite.
  • Na zona de París e arredores, coñecida coma Île-de-France o Rexión parisina, mantéñense as restriccións específicas en canto a circulación que se aplican dende anos anteriores. dependendo de se se trata de entradas ou saídas da rexión ou en determinados tramos de autoestradas A6a e A6b do Periférico de París, a A106, A6, A10, A133 e A12, consistindo en:
  • Sentido saída de París: 

* Venres de 16 a 21 horas.

* Sábados de 10 a 18 horas e de 22 horas ata a medianoite.

* Domingos e festivos durante as 24 horas.

* Vésperas de festivos dende as 16 horas ata a medianoite.

  • Sentido entrada a París: 

* Luns e días posteriores a festivos, entre as 6 e as 10 horas.

* Sábados entre as 22 horas e a medianoite.

* Domingos e festivos durante as 24 horas

* Vésperas de festivos entre as 16 horas e a  medianoite.

Calendario de días festivos en Francia:

  • Venres 1 de xaneiro: Aninovo
  • Luns 5 de abril: Luns de Gloria
  • Sábado 1 de maio: Día do Traballo
  • Xoves 13 de maio: Día da Ascensión
  • Domingo 23 de maio: Pentecostés
  • Luns 24 de maio: Luns de Pentecostés
  • Mércores 14 de xullo: Festa nacional
  • Domingo 15 de agosto: Día da Asunción
  • Luns 1 de novembro: Día de Tódolos Santos
  • Xoves 11 de novembro: Armisticio de 1918
  • Sábado 25 de decembro: Nadal