Dende o sábado 1 de agosto, e debido ao aumento de infeccións pola COVID-19, o Goberno belga obriga aos condutores profesionais a rexistrarse 48 horas antes da entrada no país, se a súa estancia vai ser de alomenos 48 horas. Así pois, non será obrigatorio se é inferior a 48 horas.

Para tal fin, estableceuse unha ferramenta de rexistro en liña, dispoñible en holandés, francés, alemán e inglés na seguinte ligazón: https://travel.info-coronavirus.be/public-health-passenger-locator-form.

Tamén se pode descargar directamente o formulario a continuación, e levar a versión impresa no camión > descargar formulario.