Rexistro obrigatorio para entrar no Reino Unido dende o 18 de xaneiro

  • Os condutores/as de transporte de mercadorías, deberán cumprimentar de forma online un formulario antes de viaxar ao Reino Unido, e xustificar a súa viaxe mediante unha carta da empresa, CMR ou licencia de operador.
  • Este formulario exime de presentar un resultado negativo de COVID-19, que sí se esixe ao resto de viaxeiros.

Debido á evolución negativa da pandemia pola COVID-19, o Goberno británico estableceu novos requisitos para todas aquelas persoas que pretendan acceder ao seu territorio.

Así pois, dende o vindeiro luns 18 de xaneiro, os condutores/as profesionais deberán cumprimentar un formulario de localización de pasaxeiros antes de iniciar a súa viaxe. Este formulario pódese cumprimentar na seguinte ligazón: https://www.gov.uk/provide-journey-contact-details-before-travel-uk