Todas as empresas deberán ter un rexistro salarial dos seus traballadores dende o 14 de Abril

  • Así o establece o Real Decreto 902/2020, cuxa entrada en vigor terá lugar o vindeiro mércores 14 de Abril, que obriga aos autónomos/as e sociedades que teñan ao seu cargo traballadores/as asalariados/as, a realizar e actualizar un rexistro salarial de toda a súa plantilla de xeito anual.
  • O obxectivo desta medida, é pechar a fenda salarial entre homes e mulleres.
Igualdade retributiva entre homes e mulleres

O Real Decreto 902/2020 do 13 de Outubro, establece a obriga para todos os autónomos/as e sociedades con traballadores/as asalariados/as ao seu cargo, de realizar e actualizar un rexistro retributivo de toda a súa plantilla, incluído o persoal directivo e altos cargos. O obxectivo, acreditar a igualdade de trato e a non discriminación entre mulleres e homes en materia retributiva.

Rexistro retributivo

O rexistro retributivo, é un documento onde deberá recollerse toda a información salarial da empresa de forma detallada, independientemente do tamaño desta. Neste documento, deberán amosarse separadamente as retribucións de homes e mulleres, garantindo a trasparencia das retribucións e facilitando o acceso a esta información.

O rexistro retributivo deberá incluír os valores medios (media aritmética e mediana) dos salarios, complementos salariais, e percepcións extrasalariais do persoal:

1) referidos ao ano natural,

2) desglosados por sexo,

3) e distribuídos por grupos profesionais, categorías profesionais, nivel, posto e/ou calquer outro sistema de clasificación aplicable.

Este rexistro, realizarase con carácter xeral de xeito anual, a non ser que dentro do período teñan lugar modificacións sustanciais dalgún dos elementos do rexistro.

Polo de agora, non existe un formato de rexistro retributivo oficial, malia que se espera que o Ministerio de Traballo e de Igualdade publiquen un modelo na súa web.

Empresas con Plan de Igualdade

As empresas que teñan implantando un Plan de Igualdade, aquelas cunha plantilla de máis de 50 traballadores/as, deberán levar a cabo auditorías retributivas debendo, neste caso, realizar tanto un diagnóstico da situación retributiva da empresa, como un plan de actuación para a corrección das posibles desigualdades retributivas.