Foto: XOAN A. SOLER |  La Voz de Galicia

Seguen distantes as posturas entre o Goberno e os transportistas

  • Logo da última reunión celebrada na tarde deste xoves no Ministerio de Transportes entre os representantes do Goberno (nesta ocasión incluso coa presenza da propia Ministra de Transportes) e as federacións de transportistas, mantense a convocatoria de Paro Xeral no Transporte en España para os días 20, 21 e 22 de decembro, tras constatarse que as posturas das partes seguen a ser distantes despois das últimas propostas do Executivo. Continuarán os contactos a vindeira semana.
  • Onte reuniuse o Comité Galego de Transporte, no seu departamento de mercadorías, co obxecto de analizar en clave galega a convocatoria deste Paro a nivel estatal. Como acción para a supervivencia do sector, todas as federacións e asociacións de transportistas integrantes deste Comité (entre as que obviamente está Apetamcor) acordamos por unanimidade secundar a convocatoria de Paro xeral do sector en España os próximos días 20, 21 e 22 de decembro.
  • Paramos porque o sector está ao borde da ruína e colapso tras termos que traballar nos últimos meses en moitos casos a perdas, nunhas condicións indignas e sometidos aos abusos de cargadores. Así pois, entendemos que esta é a única alternativa que nos deixou o Goberno, tras innumerables intentos durante meses de chegar a un acordo que resposte ás nosas lexítimas reivindicacións.
  • Achégase como anexo o comunicado íntegro aos medios, elaborado no día de onte polo Comité Galego de Transporte. Pódese consultar, premendo aquí.