A partir de mañá luns día 20 de abril xa se poderá recoller unha segunda remesa gratuíta de máscaras do Ministerio de Transportes. Neste caso, entregaranse 4 máscaras por vehículo aos transportistas titulares de autorizacións de transporte público de mercadorías MDPE ou MDLE.

PRAZO E LUGAR DE RECOLLIDA

O prazo para recoller esta segunda remesa remata o venres día 24 de abril. Como na anterior ocasión, recolleranse na oficina de Correos que lle correponda a cadaquén, segundo o listado que o Ministerio ten publicado na súa web na seguinte ligazón: https://www.mitma.gob.es/transporte-terrestre/profesionales-transporte/distribucion-mascarillas-ambito-transporte-terrestre/oficinas_correos

IMPORTANTE: A fin de facilitar as recollidas, nalgúns casos modificáronse as oficinas de Correos respecto ao primer reparto. Polo tanto, recomendamos comprobar a oficina asignada.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A RECOLLIDA

Recordamos que, para a súa recollida nas oficinas de Correos, deberase mostrar a seguinte documentación:

  • Autónomo: DNI/NIE do autónomo
  • Sociedade: o representante deberá achegarse á oficina asignada portando copia do seu poder de representación da empresa e mais o seu DNI/NIE que o identifique.

Nota: Malia que non o indica expresamente a Resolución do Ministerio de Transportes, en caso de non poder achegarse á oficina o propio titular ou representante legal, debería entenderse que, como noutros trámites de Correos, poderá achegarse outra persoa na súa representación achegando unha autorización asinada e copia do DNI/NIE do titularonde figure a sinatura do
autorizante.

USO RESPONSABLE

Dende Apetamcor queremos insistir na necesidade de facer un uso racional e responsable destes equipos de protección para alargar a súa vida útil xa que, lamentablemente, se trata dun ben escaso nas actuais circunstancias. Neste sentido, reiterear que non é necesario o uso da máscara de modo continuo no tempo, senón só naquelas circunstancias en que non é posible respectar a distancia social de seguridade sanitaria con outras persoas.