En Apetamcor temos acordos con seguintes talleres para os nosos asociados. Para máis información, ponte en contacto cas nosas oficinas:
- Talleres López y Vázquez: Grazas ao convenio de colaboración con Talleres López y Vázquez (Polígono Industrial La Campiña, no 6, San Salvador de Muxa – Lugo), os socios/as de Apetamcor poderán beneficiarse de descontos en servizos de inspección, verificación e control periódico de tacógrafos dixitais, dixitais intelixentes (Stoneridge, VDO) e en todos os modelos de tacógrafo analóxicos.
- LOUZAN SL, conocida empresa galega que conta con 7 talleres en Galicia equipados para prestar servizo a camións (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, O Porriño e Vilagarcía), outro en Asturias e inclusive en Portugal, e que se dedica fundamentalmente a prestar todo tipo de servizos de:
- Asesoramento , e venta de neumático novo de calquera marca.
- Neumático recauchutado.
- Mantemento do neumático (montaxe, equilibrado, xiro, raiado, permutacións).
- Servizo de asistencia 24 horas en España e Europa.
- Outros servizos: alineado de dirección e lavado.
- COMERCIAL RAFAEL: Grazas ao apoio da firma PACCAR PARTS e dos seus programas MAXCARD e TRP, os/as transportistas asociados/as a Apetamcor poderán disfrutar dunha serie de ventaxas e ofertas (algunha exclusiva), co obxectivo de proporcionar un servizo de calidade a moi bo prezo para os seus vehículos, tanto sean da marca DAF como de calquer outro fabricante.
- Condicións especiais nos talleres Louzao Mercedes-Benz: Os socios/as de Apetamcor poderán beneficiarse das seguintes condicións especiais no servizo postventa de camións nos talleres do Grupo Louzao, situados en Betanzos, Santiago de Compostela San Cibrao (Ourense):
- Man de Obra.
- Descontos en recambios:
- Agregados (Mercedes).
- Cautivas (Mercedes), reparación chapa e pintura.
- Competidas (Mercedes – Competencia), elementos de desgaste.