O noso departamento de Fiscal e Laboral conta cunha amplia experiencia no sector do transporte, ofrecendo o asesoramento específico en materia fiscal, contrable e financieira que precisas.

Así pois, estudamos as características da túa empresa, para orientarche sobre o réxime fiscal que sexa máis ventaxoso no teu caso á hora de tributar:

  • Persoas Físicas:
    • Réxime de estimación obxectiva (módulos).
    • Réxime de estimación directa.
  • Persoas xurídicas:
    • Réxime Xeral.

Axuda para obter os créditos e subvencións específicas de distintos organismos (ex. en canto á renovación da frota: Xunta, IC, Ministerio de Fomento, IGAPE, etc), así como servizos para unha perfecta xestión da túa empresa e cobertura de todas obrigas tributarias:

  • Libros Contables: rexistro de facturas recibidas e emitidas, e libros de bens de inversión.
  • Elaboración e presentación dos libros contables no Rexistro Mercantil, así como a inscrición de Contas Anuais.
  • Tramitación e liquidación trimestral e anual e IVE e IRPF.
  • Declaración da renta.
  • Liquidación do imposto de sociedades.
  • Recuperación do IVE internacional.
  • Representación ante AEAT en caso de requerimento ou inspeccións tributarias.