Nas empresas do sector existe unha gran brecha entre as grandes empresas, onde o grado de implementación e uso dos coñecidos como “sistemas de transporte intelixente, ITS” (GPS, software de xestión de frotas, descarga de tacógrafos dixitais remotos…) é moi alto, e as pequenas empresas de transporte. Nestas, e debido ás súas características, poderíase dicir que a súa implantación é inexistente (non só no uso de ITS, senon tamén outras ferramentas fundamentais como o correo electrónico).

O mercado e a sociedade actuais impoñen pouco a pouco, a introducción de novas tecnoloxías na nosa vida cotiá. Do mesmo xeito, a innovación tecnolóxica estanos ofrecendo ferramentas de traballo para o sector do transporte con múltiples vantaxes.

Para facer o día a día dos nosos/as transportias máis fácil, en Apetamcor tamén avanzamos neste campo e ofrecemos, entre outros servizos:

  • Protección de datos persoais, según o regulado na Ley Orgánica 15/99 de 13 de decembro (BOE 14/12/1999).
  • Asesoramento xeral e personalizado sobre calquer problema informático da túa empresa, e a implementación de ferramentas tecnolóxicas para mellorar o rendemento da mesma.
  • Capacitación e monitoreo na implementación do tacógrafo dixital, unha transformación importante no xeito de traballo do proveedor de transporte e nas súas obrigas legais.
  • Deseño de páxinas web.

A prestación destos servizos enmárcase dentro dunha filosofía de traballo na que Aetamcor, como asociación profesional que abarca á maioría de autónomos e pequenas e medianas empresas, ten como fin servir de nexo de unión para que podan desenvolver conxuntamente proxectos e dar solucións concretas ás súas empresas de transporte e, competir así, en igualdade de condicións no mercado.