Dacordo ca Orde FOM/1190/05 de 25 de Abril (BOE nº15 do 03-05-05), a empresa deberá realizar unha copia dos datos da/s tarxeta/s de condutor/es cada 31 días, e da memoria do tacógrafo dixital cada 3 meses.
Para este fin, Apetamcor conta con persoal especializado para a lectura e asesoramento no emprego do tacógrafo analóxico e dixital.
- Tacógrafo analóxico: Análise de discos diagrama. Pódense traer os discos para facer unha revisión completa da actividade realizada.
- Tacógrafo dixital: Contamos cunha amplia Rede de Quioscos, sempre ao alcance dos nosos asociados/as nos que grazas ao lector de cartóns incorporado, poderanse copiar os datos (ficheiro electrónico) do cartón nun dispositivo de almacenamento masivo (USV, PENDRIVE…), envialos por e-mail á dirección que o cliente elixa ou directamente aos nosos sevidores.
SISTEMA DE SERVIDORES PARA O ALMACENAMENTO (CUSTODIA)
Ofrecemos un sistema de servidores, así os ficheiros de condutores e vehículos pasarán a estar custodiados de xeito integral, eficaz y seguro.
Para realizar a custodia existen dous métodos:
- Unha vez que se fai a descarga no quiosco, automáticamente os ficheiros pasan aos servidores.
- A través dunha aplicación web, poderá envorcar todos los ficheiros que desexe aos servidores
VISUALIZACIÓN E XESTIÓN DOS DATOS DESCARGADOS
A través da nosa aplicación web, terá a posibilidade de:
- Visualizar a actividade detallada de cada condutor e/o vehículo (tempos de condución, repouso, disponibilidade e outros traballos, quilómetros percorridos e excesos de velocidade).
- Visualizar eventos e erros rexistrados no vehículo.
- Imprimir informes relativos á actividade dos condutores e vehículos).
- Revisar posibles infraccións.