Dende Apetamcor ofrecemosche o asesoramento que precisas para a obtención da autorización de transporte, tanto para o transporte dentro do Estado (tarxeta de transportes), como en outros Estados membros da UE (licencia comunitaria) ou non (autorizacións bilaterais).

Asi pois, o noso persoal especializado coñece en profundidade todos os requisitos necesarios, así como as distintas vías para o seu cumplimento.

Do mesmo xeito, tamén realizamos e avisamos das renovacións das autorización (Visados), así como os cambios destas (aumento ou reducción do nº de vehículos, cambios nos requisitos esixidos para a obtención de dita autorización, etc).

Trámites tráfico:

  • Matriculacións, transferencias, baixas, cambio de servizo..: somos conscientes de que as empresas do sector precisan realizar todos estes trámites de xeito rápido, xa que durante a realización destes trámites os vehículos están sen traballar, de ahí que contemos nas nosas sedes con persoal ampliamente cualificado e con experiencia para este servizo.
  • Permisos especiais (transportes de cargas de dimensións ou pesos superiores ás permitidas): recibirás asesoramento dos nosos profesionais para aplicar a solución máis eficaz, e que se adapte á carga transportada.

Outros trámites para o transporte de determinadas mercadorías: recibirás o asesoramento que precisas nos requerimentos legais específicos para o desenvolvemento da túa actividade:

  • Residuos.
  • Transporte de animais vivos.
  • Transporte de residuos e subprodutos de animais.
  • Transporte de produtos para o consumo humano.