A fin de ofrecer asesoramento e cobertura xurídica nun entorno normativo tan cambiante como o que ampara o sector do transporte de mercadorías por estrada, o asociado/a ten á súa disposición ao Departamento Xurídico de Apetamcor, especializado en transporte e cunha ampla experiencia no sector. Este conta cun equipo de avogados/as, que poñen os seus coñecementos á disposición dos/as profesionais do sector en todo o que ten que ver con:

  • Tramitación de expedientes sancionadores iniciados polas distintas administracións (Tráfico, Transportes, Medio Ambiente, etc).
  • Recursos na vía administrativa e xudicial.
  • Reclamacións ante a Xunta Arbitral.
  • Constitución e disolución de sociedades.
  • Inspeccións de Transporte: preparación e revisión de documentación.
  • Axudas ao abandono.
  • Informes xurídicos sobre calquer consulta, e nos temas referidos ás diferentes administracións:
    • Cumplimento das condicións xerais de contratación.
    • Masas máximas autorizadas dos vehículos.
    • Lei de Ordenación de Transportes Terrestres e o seu Reglamento.
    • Diferentes Ordenacións administrativas de transporte.
    • Transporte Internacional.
  • Certificados de paralizacións.
  • Morosidade: reclamacións por falta de pagamento.
  • Xuntas Arbitrais de transporte: preparación de documentación e asistencia á Xunta.
  • Laboral: conciliacións ante o SMAC, despedimentos, convenios colectivos, modificacións contractuais, etc.

A asesoría xurídica é completamente gratuíta para os socios/as de Apetamcor, cobrándose únicamente na vía administrativa unhas tarifas moi reducidas na elaboración e presentación de recursos e outros trámites.