A fin de ofrecer asesoramento e cobertura xurídica nun entorno normativo tan cambiante como o que ampara o sector do transporte de mercadorías por estrada, o asociado/a ten á súa disposición ao Departamento Xurídico de Apetamcor, especializado en transporte e cunha ampla experiencia no sector. Este conta cun equipo de avogados/as, que poñen os seus coñecementos á disposición dos/as profesionais do sector en todo o que ten que ver con:
- Tramitación de expedientes sancionadores iniciados polas distintas administracións (Tráfico, Transportes, Medio Ambiente, etc).
- Recursos na vía administrativa e xudicial.
- Reclamacións ante a Xunta Arbitral.
- Constitución e disolución de sociedades.
- Inspeccións de Transporte: preparación e revisión de documentación.
- Axudas ao abandono.
- Informes xurídicos sobre calquer consulta, e nos temas referidos ás diferentes administracións:
- Cumplimento das condicións xerais de contratación.
- Masas máximas autorizadas dos vehículos.
- Lei de Ordenación de Transportes Terrestres e o seu Reglamento.
- Diferentes Ordenacións administrativas de transporte.
- Transporte Internacional.
- Certificados de paralizacións.
- Morosidade: reclamacións por falta de pagamento.
- Xuntas Arbitrais de transporte: preparación de documentación e asistencia á Xunta.
- Laboral: conciliacións ante o SMAC, despedimentos, convenios colectivos, modificacións contractuais, etc.
A asesoría xurídica é completamente gratuíta para os socios/as de Apetamcor, cobrándose únicamente na vía administrativa unhas tarifas moi reducidas na elaboración e presentación de recursos e outros trámites.