O Supremo exime de xustificar o gasto das dietas pagadas aos condutores profesionais

A Inspección de Traballo nalgunhas provincias estaba esixindo ás empresas de transporte que en todo caso tiveran que xustificar o gasto real correspondente ás dietas abonadas aos seus condutores/as por desprazamento, xa sexa por aloxamento ou manutención, malia que non superaran os límites establecidos pola normativa do IRPF.

O Tribunal Supremo sentenza que non é preciso xustificar o gasto de dietas

Neste sentido, o Tribunal Supremo ditou sentenza a data de 14 de decembro de 2020 nun procedemento de inspección aberto a unha empresa de transporte asociada á asociación de transportistas ASANTRA de Málaga (integrada na nosa federación FENADISMER), desestimando a pretensión da Inspección de Traballo de esixir a xustificación do gasto correspondente ás dietas (ou sexa, das facturas), sendo suficiente con xustificar que se realizou o desprazamento.

Ao abeiro do art. 9.3 do Regulamento do IRPF, quedan exentas de tributación as cantidades destinadas pola empresa a compensar os gastos normais de manutención e estancia en restaurantes, hoteis e demais establecementos de hostelería, devengadas por gastos en municipio distinto do lugar de traballo habitual do perceptor e do que constitúa a súa residencia.

Cales son os gastos normais de manutención e estancia?

Así, considerarase como asignacións para gastos normais de manutención e estancia en hoteis, restaurantes e demais establecementos de hostelería, exclusivamente as seguintes:
1º) Cando se tivera pernoctado en municipio distinto do lugar de traballo habitual e do que constitúa a residencia do perceptor:

  • Por gastos de estancia, os importes que se xustifiquen. No caso de condutores/as de vehículos dedicados ao transporte de mercadorías por estrada, non precisarán xustificación en canto ao seu importe os gastos de estancia que non excedan de 15 €/día, se se producen por desprazamento dentro de territorio español, ou de 25 €/día se corresponden a desprazamentos a territorio estranxeiro.
  • Por gastos de manutención, 53,34 €/día, se corresponden a desprazamento dentro do territorio español, ou 91,35 €/día, se corresponden a desprazamentos a territorio estranxeiro.

2º) Cando non se tivera pernoctado en municipio distinto do lugar de traballo habitual e do que constitúa a residencia do perceptor:

  • As asignacións para gastos de manutención que non excedan de 26,67 ou 48,08 €/día, segundo se trate de desprazamento dentro do territorio español ou ao estranxeiro, respectivamente.