De acordo ca Orde FOM/1190/05 de 25 de Abril (BOE nº15 do 03-05-05), a empresa deberá realizar unha copia dos datos da/s tarxeta/s de condutor/es cada 31 días, e da memoria do tacógrafo dixital cada 3 meses.

O cumprimento da normativa en materia de tempos de condución e descanso (Rgto. CE 561/2006), e a correcta utilización do tacógrafo, son unha das maiores preocupacións das empresas de transporte. Para dar solución a isto, Apetamcor dispón dun Departamento de Tacógrafo á disposición dos seus asociados/as de forma totalmente gratuíta, que permite cumprir dunha forma máis cómoda e sinxela con todas as obrigas en materia de tacógrafo. Concretamente, se así é desexo do/a transportista asociado/a, os técnicos/as da asociación poden encargarse íntegramente de:

  • Asistencia telefónica.
  • Descarga de datos e soporte nas sedes de Apetamcor.
  • Almacenaxe e custodia de datos.
  • Análise de infraccións.
  • Asesoramento en tempos de condución e descanso.
  • Preparación e estudo de inspección de discos e aquivos dixitais.
  • Servizo de localización e descarga remota.

Para cumprir máis eficazmente con estos servizos, Apetamcor desenvolveu a súa propia ferramenta para a descarga de datos de tacógrafo dixital, e posterior custodia e análise. Os asociados/as poderán utilizar esta ferramenta, accedendo co seu nome de usuario e contrasinal.

SISTEMA DE SERVIDORES PARA O ALMACENAMENTO (CUSTODIA)

Ofrecemos un sistema de servidores, así os ficheiros de condutores e vehículos pasarán a estar custodiados de xeito integral, eficaz y seguro.

Para realizar a custodia existen dous métodos:

  • Unha vez que se fai a descarga no quiosco, automáticamente os ficheiros pasan aos servidores.
  • A través dunha aplicación web, poderá envorcar todos los ficheiros que desexe aos servidores
VISUALIZACIÓN E XESTIÓN DOS DATOS DESCARGADOS

A través da nosa aplicación web, terá a posibilidade de:

  • Visualizar a actividade detallada de cada condutor e/o vehículo (tempos de condución, repouso, disponibilidade e outros traballos, quilómetros percorridos e excesos de velocidade).
  • Visualizar eventoserros rexistrados no vehículo.
  • Imprimir informes relativos á actividade dos condutores e vehículos).
  • Revisar posibles infraccións.