O título de transportista será obrigatorio para facer transporte internacional con furgonetas de máis de 2,5 toneladas a partir de maio

  • A partir do mes de maio será obrigatorio solicitar unha licenza comunitaria e posuír o título de competencia profesional para poder seguir facendo transporte internacional con vehículos de máis de 2,5 tns de MMA, ademais do resto de requisitos esixidos na actualidade ao transporte pesado.

Coa aprobación do Paquete de Mobilidade I en xullo de 2020 introdúcense novas medidas para acabar coas empresas buzón e evitar a competencia desleal no transporte internacional.

Nesa liña, a Dirección Xeral de Transporte Terrestre emitiu a Resolución de Coordinación No 1/2022 na que se establecen as condicións de acceso á profesión de transportista, e a partir do próximo 21 de maio todas as empresas que realicen transporte internacional dentro da Unión Europea con vehículos de entre 2.5 e 3.5 toneladas estarán obrigadas a ter unha licenza comunitaria e as copias pertinentes.

Que requisitos deben cumprir as empresas?
  1. As empresas titulares de autorización de vehículo pesado MDPE, no caso de que teñan vehículos lixeiros, só terán que aumentar a súa capacidade económica por importe de 900€/ por cada vehículo lixeiro.
  2. As empresas titulares de autorización de vehículos lixeiros MDLE terán que acreditar os requisitos de: establecemento (tributar onde se teña o domicilio fiscal), honorabilidade, capacidade económica (1.800 € polo primeiro vehículo e 900 € polos seguintes) e competencia profesional. Para acreditar o cumprimento dos requisitos bastará realizar unha declaración responsable ante a Dirección Xeral de Transportes indicando o seu cumprimento, e expediráselle unha Licenza Comunitaria coas correspondentes copias para cada vehículo válidas ata o último día hábil do mes seguinte ao que lle corresponda realizar o visado no 2023. A partir de ahí, e se cumpre os requisitos con motivo do visado de 2023, expediráselle a licenza comunitaria polo prazo de 5 anos.
  3. As empresas que a partir de 21 de maio do 2022 soliciten unha nova autorización MDLE e queiran realizar transporte internacional terán que acreditar o cumprimento de todos os requisitos de: establecemento (tributar onde se teña o domicilio fiscal), honorabilidade, capacidade económica (1.800 € polo primeiro vehículo e 900€ polos seguintes) e competencia profesional.