• O transporte por estrada declárase actividade esencial, por tanto, toda a actividade de transporte estará permitida. Agora ben, na práctica só as actividades de transporte vinculadas ás demais actividades económicas esenciais (alimentación, sanidade, determinadas industrias e outras) poderán continuar levando a cabo a súa actividade.
  • O Decreto-Lei concede unha moratoria de aplicación ata mañá martes 31, para que as actividades declaradas non esenciais poidan facer as tarefas imprescindibles este luns. Así pois, hoxe poderanse entregar as mercadorías, pero recoméndase contactar co destinatario para confirmar a recepción.

TODO O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS POR ESTRADA DECLÁRASE ESENCIAL: O BOE do Real Decreto-Lei 10/2020 publicación esta madrugada que na práctica impón un maior confinamento da poboación, declara ao transporte de mercadorías como unha actividade esencial, por tanto, toda a actividade de transporte estará permitida (independentemente da mercadoría transportada).
Agora ben, este Real Decreto-Lei afecta na práctica ao sector do transporte, xa que tan só as actividades de transporte vinculadas ás demais actividades económicas declaradas esenciais e que figuran no Anexo do propio Decreto-Lei (alimentación, sanidade, determinadas industrias e outras) poderán continuar desenvolvendo a súa actividade. Ademais, nas empresas transportistas poderán continuar a actividade non só os condutores, senon tamén todas aquelas actividades que aseguren o seu mantemento (persoal administativo, de xestión
e outros).

ENTRADA EN VIGOR DO DECRETO-LEI: O Decreto-Lei entra en vigor dende hoxeluns 30 de marzo. Así e todo, naqueles casos nos que resulte imposible interromper de xeito inmediato a actividade, os traballadores poderán prestar servizos o luns 30 de marzo de 2020 co único propósito de levar a cabo as tarefas imprescindibles, para poder facer efectivo o permiso retribuído recuperable sen perxudicar de xeito irremediable e/ou desproporcionado a reanudación da actividade empresarial. Así pois,
na práctica establécese unha moratoria ata este martes 31 de marzo.

PERMISO RETRIBUIDO RECUPERABLE: Para os traballadores asalariados dos servizos considerados non esenciais, o Decreto-Lei 10/2020 regula un permiso retribuido recuperable, establecendo que os traballadores das actividades que se declaren non esenciais deberán quedarse no seu domicilio dende este luns 30 de marzo ata o 9 de abril inclusive. Ditos días, consideraranse de permiso retribuido, polo que continuarán recibindo o seu salario con normalidade. Posteriormente, o empresario deberá negociar cos sindicatos (se houbese representación sindical na empresa) ou co propio traballador, a maneira na que se restituirán estas xornadas laborais non prestadas á empresa dende que remate o Estado de Alarma e ata o 31 de decembro de 2020. Hai que ter en conta que esta medida excepcional non poderá afectar:
– Aos traballadores aos que se lles estea aplicando un ERTE, salvo que sexa de reducción de xornada.
– Ás persoas que estean de baixa médica ou cuxo contrato estea suspendido por outras causas legais.
– Ás persoas que poidan desenrolar a súa activiade profesional mediante o teletraballo.

NOTA IMPORTANTE: Neste sentido, o Decreto-Lei establece que as persoas traballadoras do ámbito do transporte que se atopen realizando un servizo correspondente a unha actividade non considerada esencial no momento da súa entrada en vigor, iniciarán o permiso retribuido recuperable unha vez rematado o servizo en curso, incluíndo como parte do servizo a operación
de retorno correspondente.

O DECRETO-LEI NON É DE APLICACIÓN AOS ATÓNOMOS: O Decreto-Lei só se aplica aos traballadores asalariados, o que implica que os autónomos que
desenrolen a súa actividade nos sectores declarados non esenciais, poderán continuar levando a cabo a súa actividade. Os únicos autónomos que non poderán seguir ca súa actividade, son os correspondentes ás actividades que figuran no Anexo do Decreto que aprobou o Goberno 463/2020 declarando o estado de alarma, obirgando a pechar actividades de ocio, restauración, hostelería, deportivas e outras.


O Decreto-Lei pode consultarse integramente a través da seguinte ligazón:
https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/29/pdfs/BOE-A-2020-4166.pdf