Os transportistas beneficiarios do gasóleo profesional deben comunicar antes do 31 de Marzo os quilómetros realizados

  • Lémbrase que, durante o primeiro trimestre do ano e ata o 31 marzo, os/as transportistas rexistrados no Censo de Beneficiarios do Diésel Profesional, están na obriga de comunicar á Axencia Tributaria (AEAT) os quilómetros que os seus vehículos de transporte fixeron no ano anterior.
  • A AEAT sanciona automaticamente aos beneficiarios, que non cumpran coa comunicación en prazo dos quilómetros, con sancións dende 200 euros.
Devolución Gasóleo Profesional 2021

Este ano 2021, ao igual que o ano pasado, pódese recuperar pola vía do Gasóleo Profesional a cantidade de 4,9 céntimos de euro en litro nas repostaxes de gasóleo A, efectuados en todas as Comunidades
Autónomas.

Como beneficiarse da devolución dos 4,9 céntimos?

Para recuperar trimestralmente este diñeiro pola vía do Gasóleo Profesional, son necesarios estes requerimentos fundamentais:

  • Estar de alta no Censo do Gasóleo Profesional da Axencia Tributaria.
  • Ter a relación sempre actualizada de matrículas dos vehículos no Censo.
  • Comunicar anualmente dentro do primeiro trimestre de cada ano os km de cada vehículo.
Servizo de Xestión para o Gasóleo Profesional de Apetamcor

Agora que, por unha banda as cantidades recuperadas ascenden a contías moi importantes e, por outra, a AEAT fai un control máis estrito do cumprimento dos requisitos (ata o punto de sancionar en caso da non comunicación de km no prazo fixado), Apetamcor ofrece un servizo de xestión integral do gasóleo profesional, que se fundamenta básicamente nas seguintes tramitacións ante a AEAT:

  1. A comunicación en tempo e forma das variacións no parque de vehículos do/a transportista.
  2. A comunicación anual en prazo de km de vehículos beneficiarios no ano anterior.

Os interesados/as neste servizo, teñen de prazo ata o vindeiro venres 19 de marzo para facilitar os datos dos seus vehículos. Máis información, nas sedes de Apetamcor en Ourense, Santiago de Compostela, O Porriño (Pontevedra) e/ou Lugo.