Os transportistas que crucen por Dover ou polo Eurotúnel deberán obter previamente o permiso KAP

  • Este novo permiso, é necesario para os/as transportistas que leven mercadorías ou vaian en vacío dende o Reino Unido á UE.

Dende o 1 de xaneiro de 2021, os condutores/as profesionais de vehículos de máis de 7,5 t de MMA que teñan que saír do Reino Unido dende o porto de Dover ou o Eurotúnel, necesitarán o denominado «Kent Access Permit» (KAP). Este novo permiso axuda a xestionar o tráfico, ao confirmar que os condutores/as teñen os documentos adecuados para os controis de importación da UE.

O Kent Access Permit (KAP), é necesario para todos os/as transportistas que leven mercadorías ou vaian en vacío dendo o Reino Unido á UE, e cada permiso ten unha validez de 24 horas. Isto é, será necesario solicitar un novo permiso cada vez que se teña que saír do Reino Unido.

Os/as transportistas que non conten con este permiso, poderán ser retidos e sancionados/as cunha multa de 300 libras.

Solicitar un permiso KAP

Para obter o Kent Access Permit (KAP), terase que:

  • confirmar que se conta cos dos documentos aduaneiros e de exportación correctos antes da viaxe.
  • compretar unha autoevaluación, para confirmar que se compre cos requisitos de importación da Unión Europea.

Toda la información ao respect, está dispoñible en castelán na seguinte ligazón do Goberno británico: https://www.gov.uk/guidance/check-an-hgv-is-ready-to-cross-the-border-translations.es#solicitar-un-permiso-kent-access-permit-kap