Así o establece a Orde SND/422/2020 de 19 de maio, publicada no BOE o mércores 20 de maio. Deste xeito, dende este xoves 21 de maio o uso de máscaras de protección é obrigatorio na vía pública e en espazos ao aire libre ou pechados de uso público, sempre e cando non se poida garantir o cumprimento da distancia mínima de seguridade de dous metros entre as persoas.
QUEN ESTÁ OBRIGADO A USALAS?
O seu uso é obrigatorio para todas as persoas maiores de 6 anos, excepto nos seguintes supostos:
- Persoas con dificultades respiratorias.
- Persoas ás que o seu uso resulte contraindicativo para a súa saúde, sempre xustificado.
- Cando se leven a cabo actividades nas que resulte incompatible o seu uso.
- Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
CANDO E ONDE HAI QUE USALAS?
RECOMENDACIÓNS DE USO
- Antes da súa colocación:
- Realícese unha correcta hixiene de mans, con xabón e auga abundante.
- Revísese a integridade da máscara. Se ten algún defeto, desbotala, xa que non protexerá.
- A colocación farase:
- Garantindo que se coloca no sentido correcto e que os sistemas de filtrado quedan expostos na parte exterior da máscara. No caso das máscaras cirúrxicas, a parte coreada (impermeable) debe manterse como cara externa.
- Átense as cintas ou colóquense as gomas de forma que quede colocada firmemente.
- Axústese de xeito que tape o nariz e a boca, xa que a efectividade da protección da máscara de súa correcta colocación. Debe quedar axustada, pero ao mesmo tempo que quede cómoda para evitar durante o traballo ter que reaxustala e por tanto tocala novamente
coas mans. - Ademais, verificar que se existe un bo selado entre os bordes da máscara e a cara, evitando desta forma que se filtre o aire contaminado.
- Durante do traballo:
- Tratar de non tocar a máscara, nin quitala para falar, tusir ou esbirrar.
- Non compartila con outra persoa
- Non darlle a volta.
- Rematado o traballo, deberá retirarse:
- Non sen antes lavar novamente as mans con auga e xabón.
- Evitarase tocar a parte dianteira da máscara, xa que podería estár infectada. Por tanto, agarrala exclusivamente polas cintas.
- Quítese a máscara tirando ou desatando as cintas de suxeición da cabeza, primeiro a banda inferior e logo a banda superior, sempre sen tocar a parte dianteira da máscara (imaxe 5). Logo dobre a máscara coa cara externa cara dentro.
- Deposítese a máscara no recipiente de desfeitos biolóxicos e lávense as mans novamente.