• O Ministerio de Transportes publicou no BOE a Orde TMA/324/2020, pola cal se dandeterminadas instruccións sobre a utilización e caducidade das tarxetas de tacógrafo de condutor e empresa na actual situación de estado de alarma. Estas instruccións establécense en todo o territorio nacional, e ata a finalización da declaración do período do estado de alama e/ou as súas prórrogas.

TARXETA DE TACÓGRAFO DE CONDUTOR

Os condutores cuxa data de caducidade da súa tarxeta de tacógrafo sexa entre o 6 de marzo de 2020 e os 15 días hábiles posteriores á data na que remate o estado de alarma e/ou as súas prórrogas, poderán seguir facendo transporte sempre que cumpran con seguintes requisitos:

  1. Presentar a solicitude de renovación da tarxeta como mínimo 15 días hábiles antes da súa data de caducidade, e se non lles fora entregada a nova tarxeta.
  2. Imprimir un tícket do tacógrafo antes de iniciar a súa xornada ou a viaxe, consignando os seguintes datos: nome e apelidos, número de tarxeta de condutor/permiso de condución, e a súa firma.
  3. Imprimir un tícket ao rematar a súa xornada ou viaxe, rexistrando períodos de outros traballos, disponibilidade e descanso que non fosen rexistrados polo tacógrafo, e facendo constar os mesmos datos anteriores no tícket (nome e apelidos, número de tarxeta de condutor/permiso de condución e firma).
  4. Levar a bordo do vehículo a tarxeta caducada, un resguardo da solicitude de renovación, e as impresións ou tíckets anteriormente indicados.

TARXETA DE TACÓGRAFO DE EMPRESA

As empresas cuxas tarxetas de empresa teñan a data de caducidade entre o 6 de marzo e os 15 días hábiles posteriores á data na que remate o estado de alarma e/ou as súas prórrogas, quedan exentos da súa utilización e das súas obrigas para as que o seu uso fose imprescindible, sempre que cumpran cos seguintes requisitos:

  1. Presentar a solicitude de renovación da tarxeta 15 días hábiles anteriores á data de caducidade da tarxeta, sempre que a empresa non dispoña de outras tarxetas en vigor entre o 15 de marzo e os 15 días posteriores á finalización do estado de alarma.
  2. Dende o momento no que a empresa dispoña dalgunha tarxeta de empresa en vigor, deberá realizar as descargas da unidade vehicular do tacógrafo, e das tarxetas dos condutores dende a última descarga realizada, para evitar que se poida producir unha pérdida de datos e/ou carencia de rexistros.

IMPORTANTE: Recordamos que debido ao estado de alarma non estamos abertos ao público, tan só atendemos vía telefónica ou a través de correo electrónico. Así pois, non estamos realizando descargas da tarxeta de tacógrafo de empresa nas nosas oficinas. Así e todo, establecemos dende este mércores 15 de abril localizacións para a descarga das tarxetas de condutor en toda Galicia: ver mapa.