O Goberno francés anunciou o 17 de outubro a entrada en vigor da figura xurídica do toque de queda durante catro semanas, prorrogables a un máximo de seis, nas cidades de: París, Grenoble, Lille, Lyon, Marsella, St. Etienne, Rouen, Montpellier e Toulouse.

FRANXA HORARIA DO TOQUE DE QUEDA

O toque de queda establecido en Francia, prohíbe os desprazamentos non esenciais na franxa horaria comprendida entre as 21:00 horas da noite e as 06:00 horas da mañá.

Así e todo, o transporte considérase un servizo esencial, polo que as restricións de mobilidade e desprazamento establecidas na regulación do toque de queda non afectan ao transporte de mercadorías, malia que esta sí establece que os vehículos deberán contar cunha reserva de auga e xabón, así como toallas desbotables ou xel hidroálcoholico.

XUSTIFICANTE DE DESPRAZAMENTO PROFESIONAL

Os condutores/as profesionais das empresas de transporte que teñan que circular polas cidades afectadas polo toque de queda en Francia durante os horarios restrinxidos, deberán levar a bordo do vehículo o xustificante de desprazamento profesional en francés, cuxo modelo oficial editable pode descargarse directamente premendo aquí.

Do mesmo xeito, e para maior xustificación ante as autoridades de control, recoméndase dispoñer da orde de carga, CMR, etc.

Nota: O xustificante debe cumprimentarse en francés se ben, a efectos de facilitar o seu entendemento, pode consultarse aquí o documento traducido ao castelán.