- Así o establece a Orde SND/307/2020 do Ministerio de Sanidade publicada este luns 31 de marzo para toda persoa traballadora asalariada dos servizos esenciais, que deberá
levar consigo unha declaración responsable acreditativa de que pode continuar realizando desprazamentos dende o seu domicilio ao lugar de traballo. - No caso dos condutores profesionais autónomos, recoméndase levar algún documento que acredite a súa condición de condutor profesional, ante os axentes de control.
MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE DE DESPRAZAMENTO PARA OS TRABALLADORES ASALARIADOS
Debido á aprobación polo Goberno este domingo do Decreto-Lei 10/2020, polo que se acorda endurecer o actual estado de confinamento en todo o territorio nacional a partir do 31 de marzo, só os traballadores asalariados das actividades declaradas esenciais no Anexo de dito Real Decreto-Lei poderán continuar desenvolvendo a súa actividade nos seus respectivos centros de traballo.
Así pois, e como resultado de dito Decreto-Lei, este luns 30 de marzo o Ministerio de Sanidade publicou a Orde SND/307/2020 pola que se establece un modelo de declaración responsable para os traballadores asalariados para ser exhibido ante un control na vía pública, na que se indica que a persoa portadora do mesmo pode continuar realizando desprazamentos dende
o seu domicilio ao seu lugar de traballo. Dito modelo de declaración de desprazamento figura no Anexo da citada Orde, e pode descargase a súa versión editable premendo aquí. (IMPORTANTE: hai que descargar o documento para poder editalo).
XUSTIFICACIÓN DO DESPRAZAMENTO NO CASO DOS CONDUTORES PORFESIONAIS AUTÓNOMOS
No caso dos condutores profesionais autónomos, ao non prever a Orde do Ministerio de Sanidade ningún criterio de xustificación, recoméndase levar algún documento que xustifique o seu carácter de autónomos para facilitar a súa acreditación persoal ante os axentes de control, como por exemplo: cun certificado de alta fiscal na súa actividade; a súa tarxeta CAP de condutor/ tarxeta do tacógrafo dixital, ou cun recibo da cuota de autónomos.