• Desde hoxe están a disposición de todos os transportistas nas oficinas de Correos as mascarillas adquiridas polo Ministerio de Transportes. A cada transportista correspóndelle recoller 2 mascarillas por cada vehículo adscrito á súa autorización MDLE ou MDPE.
  • O prazo para recollelas remata o venres 17 de abril.
  • Na web do Ministerio pódese consultar a oficina que lle corresponde a cada
    transportista, que para recollela deberá ir co seu DNI/NIE se é autónomo e co poder de representante se é sociedade. Para saber que oficina lle corresponde a cadaquén: consultar aquí.

O MINISTERIO ENTREGA AS MASCARILLAS A TRAVÉS DAS OFICINAS DE CORREOS

O BOE do pasado venres 3 de abril publicou a Resolución da Dirección Xeral de Transporte Terrestre do Ministerio de Transportes establecendo oscriterios para repartir aos autónomos e empresas de transporte público por estrada, tanto de mercadorías como de viaxeiros, a primeira remesa gratuíta de
mascarillas, máis dun millón de mascarillas aos 162.000 titulares de autorizacións de transporte público. Como prevía nesa Resolución, a cada titular de autorización de transporte MDPE ou MDLE se lle asignarán inicialmente 2 mascarillas por vehículo.

Durante todo este fin de semana levouse a cabo todo o proceso loxístico de distribución das mascarillas a todas as oficinas de Correos, para permitir que desde hoxe luns día 6 de abril todos os transportistas podan recoller as mascarillas asignadas.

QUE OFICINA DE CORREOS SE LLE ASIGNOU A CADA TRANSPORTISTA?

Cada transportista deberá consultar na web do Ministerio o listado correspondente á súa Comunidade Autónoma e provincia na que figura por orde alfabético a denominación social da empresa en el caso de sociedades e en caso de autónomo apellidos, nome (ou ás veces figura de modo invertido, nome e apelidos). Como se verá, indícase a continuación do nome da empresa o enderezo da oficina á que hai que dirixirse e o no de mascarillas que lle van ser entregadas.
A ligazón directa onde consultar as oficinas de correos e a seguinte: https://www.mitma.gob.es/transporte-terrestre/profesionales-transporte/distribucion-mascarillas-ambito-transporte-terrestre/oficinas_correos

COMO IDENTIFICARSE EN CORREOS PARA RECOLLER AS MASCARILLAS?

  • CASO A: TRANSPORTISTA PERSOA FÍSICA
    O autónomo deberá achegarse á oficina asignada simplemente portando o seu DNI/NIE.
  • CASO B: SOCIEDADES
    O representante deberá achegarse á oficina asignada portando copia do seu poder de representación
    da empresa e mais o seu DNI/NIE que o identifique.
    ➔ QUE FACER EN CASO DE QUE O TITULAR NON LLE RESULTE POSIBLE ACHEGARSE Á OFICINA?
    Malia que non o indica expresamente a Resolución do Ministerio de Transporte, en caso de non poder achegarse á oficina o propio titular ou representante legal, debería entenderse que, como noutros trámites de Correos, poderá achegarse outra persoa na súa representación achegando unha autorización asinada e copia do DNI/NIE do titularonde figure a sinatura do autorizante.

PRAZO DE RECOLLIDA ATA O SÁBADO 17 ABRIL

O último día que se poderán recoller as mascarillas será o venres 17 de abril a todos os efectos.

O horario de atención ao público das oficinas de Correos no actual estado de alarma, é de Luns a Vernes de 09:30 a 12:30 horas.

IMPORTANTE: USO RESPONSABLE DAS MASCARILLAS

Desde APETAMCOR queremos insistir na necesidade de facer un uso racional e responsable das mascarillas para alargar a súa vida útil, xa que se trata dun ben escaso lamentablemente nas actuais circunstancias. Neste sentido hai que facer as seguintes indicacións de uso:

  • Non é necesario o uso da mascarilla de modo continuo no tempo, senón só naquelas circunstancias en que non é posible respectar a distancia social de seguridade sanitaria, reservando por tanto o uso da mesma para esas situacións, podendo así racionalizar e prolongar o seu uso. Por conseguinte, só será necesario o uso da mascarilla no camión se van 2 condutores na cabina. En caso de condución individual non se debe utilizar a mascarilla.
  • Neste sentido, recórdase a conveniencia de manter a distancia de seguridade sanitaria, establecida en 2 metros de para evitar contaxios. Esta será sempre a medida preventiva máis eficaz, polo cal deberase evitar sempre que sexa posible baixar do vehículo e participar nas tarefas
    de carga e descarga.