• Durante a crise sanitaria provocada polo COVID-19, recoñecerase a validez dos permisos do condutor e do vehículo que estean caducados, pero seguirá sendo necesario solicitar previamente o preceptivo permiso bilaterial e o tríptico de estancia temporal.
  • Imponse a obrigatoriedade de levar mascarilla.

RECOÑECEMENTO DOS PERMISOS DE CONDUTOR E VEHÍCULO CADUCADOS

España e Marrocos estableceron un protocolo de actuación a través dos seus respectivos Ministerios de Transportes, co obxectivo de facilitar e favorecer a actividade do transporte por estrada entre ambos países. Así pois, no caso de que algún documento necesario para a realización dunha operación de transporte internacional requira o seu visado/renovación periódica e se atope caducado (carné de conducir do/a transportista, permiso de circualción do vehículos e/ou a súa inspección técnica entre outros), se permita continuar prestando os servizos de transporte con normalidade ata que remate a crise sanitaria.

Con isto, e mentres se manteña a situación de excepcionalidade, seguirán considerándose válidos este tipo de documentos, malia que perdesen a súa vixencia.

PERMISO BILATERAL E TRÍPTICO DE ESTANCIA TEMPORAL: ESIXIBLES

Así e todo, segue sendo esixible obter a previa autorización internacional para a realización dotransporte de mercadorías entre ambos países, polo que esíxese o permiso bilateral asociado a cada operación de transporte e, do mesmo xeito, o tríptico de estancia temporal en Marrocos.

Estas autorizacións poderán seguir solicitándose no Minsiterio de Transporte, a través das súas organizacións e entidades colaboradoras.

USO OBRIGATORIO DE MASCARILLA

Como novidade, o Goberno marroquí estableceu a obrigatoriedade de usar mascarilla a todas as persoas que saian das súas casas, sendo esixible tamén a todas aquelas persoas que por calquera causa accedan ao país.