Apetamcor imparte o primeiro curso online de CAP Continuo na modalidade de Aula Virtual

  • O curso está dirixido a condutores/as profesionais que necesiten renovar o CAP, xa sexa na especialidade de mercadorías como de viaxeiros, que non teñan a posibilidade de realizar o curso de xeito presencial. 

Apetamcor, xunto ca colaboración de FENADISMER, organiza o primeiro curso online de CAP Formación Continua na modalidade de Aula Virtual. O primeiro dará comezo este luns 14 de xuño de 2021, e está previsto que o seguinte sexa o luns 29 de xuño de 2021. Para poder realizar este curso, será necesario estar en posesión de permisos de condución das categorías C1, C1+E, C, C+E, D1, D1+E, D, D+E.

O curso ten prezo de 199 euros (taxa por tramitación e expedición de tarxeta non incluída), impartirase de luns a venres en horario de 18:30 a 22:30 horas, e terá unha duración total 35 horas.

Así e todo, Apetamcor segue impartindo o curso de CAP Continuo na modalidade presencial na fin de semana, para facilitar así a realización do mesmo ás persoas que non teñan dispoñibilidade para realizalo de luns a venres.

Todas aquelas persoas interesadas en realizar o CAP Continuo, xa sexa na modalidade online como presencial, tan só teñen que dirixirse persoalmente ou chamar á sede de Apetamcor que corresponda para recibir máis información. Tamén poden enviar un correo electrónico a correo@apetamcor.gal