A DGT aproba unha rebaixa das idades mínimas para conducir camións e a posibilidade de conducir co permiso B vehículos de ata 4.250 kg de MMA propulsados con enerxías alternativas

  • A DGT aproba fóra de prazo a adaptación da Directiva europea sobre permisos de conducir aprobada en 2018, establecendo unha idade mínima de 18 anos para conducir camións no caso de que o aspirante realice a formación inicial do CAP de 280 horas.
  • Así mesmo, o Regulamento de Condutores abre a porta a conducir vehículos de ata 4.250 kg de MMA co permiso B, sempre que sexan propulsados con enerxías alternativas.

Antecedentes

Con 2 anos de retraso, a DGT aprobou a través do Real Decreto 971/2020, publicado no BOE de 11 de novembro, a modificación do Regulamento Xeral de Condutores para adaptalo á Directiva europea 2018/645, que modificaba diferentes cuestións relativas á formación obrigatoria dos condutores profesionais e esclarecía as idades mínimas para a obtención dos permisos de conducir para camións e autocares.

Novas idades mínimas para os permisos profesionais

Este R.D. 971/2020 equipara as idades mínimas para a obtención das distintas clases de permisos de condución coas establecidas para a obtención do certificado CAP correspondente, de xeito que as idades mínimas para a obtención dos permisos de condución para camións e autocares quedan así:

Categorías C1 e C1+ECategorías C e C+ECategorías D1 e D1+ECategorías D e D+E
Idade mínima18 anos18 anos18 anos21 anos
Condición a cumprirSen condiciónRealizar o CAP Inicial ordinario de 280 horas (1)Realizar o CAP Inicial ordinario de 280 horas (2)Realizar o CAP Inicial ordinario de 280 horas (2)

O permiso B habilita para conducir vehículos de maior tonelaxe

A outra novidade que se introduce no Regulamento de Condutores é que o permiso da clase B habilita para conducir vehículos de transporte de maior tonelaxe, sempre que estean propulsados por combustibles alternativos, permitindo neste caso que a masa máxima autorizada sexa superior a 3.500 kg pero sen exceder 4.250 kg, e sempre que non se incremente a capacidade de carga respecto do mesmo vehículo con motor convencional. Ademais, o titular do permiso B deberá ter unha antigüedade de permiso de alomenos 2 anos antes de conducir este tipo de vehículos.