A aplicación da subida do gasóleo establecida no RDL 3/2022 de 1 de marzo

Segundo se indica no RDL 3/2022, de 1 de marzo, e dada a situación actual, será precisa unha modificación dos prezos cando exista unha variación superior ó 5%

En APETAMCOR adaptámonos ós nosos socios de xeito personalizado, e calculamos a porcentaxe exacta que o gasóleo representa en cada caso concreto.

  • Lembra que podes chamarnos ó 988 254 200 e encargarémonos de facer os cálculos por ti.
  • En caso de que non poidas repercutir os custos do gasóleo, poñemos á túa disposición o noso departamento xurídico.

*Dada a actual irregularidade no prezo do gasóleo, seguiremos informando cos prezos, segundo sufran cambios e/ou variacións de máis do 5%.