Aberto o prazo para solicitar as axudas para o achatarramento de vehículos

  • Están dirixidas ao achatarramento de vehículos, á adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono ou á modificación da forma de propulsión, así como á implantación de infraestruturas de recarga eléctrica.
  • O prazo para a presentación de solicitudes estará vixente ata o 30 de abril de 2024.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convocou as axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas de servizos de transporte por estrada, dotadas cun orzamento de 12.433.884 euros. 

Contía das axudas

  • Achatarramento de vehículos → 5.595.248€
  • Adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono → 5.470.909€
  • Actividades de “retrofit”ou modificación da forma de propulsión de vehículos → 621.694€
  • Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos → 621.694€
  • Adquisición de  semirremolques para autoestradas ferroviarias → 124.338€

*O orzamento poderá ser redistribuído pasados tres meses desde a apertura do prazo de solicitudes para adaptarse á evolución das axudas solicitadas en cada unha das actividades que comprende o programa.

Destinatarios

CATEGORÍA DE VEHÍCULO ACHATARRAMENTO: Importe unitario da subvención (€)
Vehículo Euro V ou EEV Vehículo Euro IV ou Euro III Vehículo Euro II ou máis antigo
Vehículos lixeiros N2 MMA > 3´5 Tn < 12 Tn 12.000 5.000 2.500
Vehículos pesados N3 MMA < 16 Tn 15.000 7.000 3.000
Vehículos pesados N3 MMA > 16 Tn 20.000 10.000 5.000

*Os vehículos Euro VI están excluídos destas axudas, sendo a normativa EEV aplicada pola Directiva 1999/96/CE e introducindo medidas relativas á creación dun novo concepto de vehículos ecolóxicos avanzados, denominados EEV (Enhanced Environmentally Friendly Vehicles)

Presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes destas axudas estará vixente ata o 30 de abril de 2024, coa excepción das axudas destinadas á implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos, que finalizará o 31 de decembro de 2023.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave 365.