• Así o establece a Ordenanza publicada o pasado 6 de agosto de 2020, non obrigando aos condutores de vehículos de transporte internacional de mercadorías a realizar o test
    gratuíto de control COVID-19 nas súas fronteiras.
  • Este control sanitario esíxese dende a pasada fin de semana a todas as persoas que accedan ao terriotrio alemán dende países e rexións con alta incidencia COVID-19 por terra, mar e aire. A proba é totalmente gratuíta, e a negativa a someterse á mesma pode ser sancionada con ata 25.000 euros.

ALEMAÑA ESTABLECE CONTROIS SANITARIOS OBRIGATORIOS

Despois de rexistrar máis de mil novos contaxios en varios días consecutivos, dende a pasada fin de semana as autoridades alemanas estableceron controis sanitarios obrigatorios para todas as persoas que accedan ao seu territorio procedentes de países e rexións con alta incidencia de COVID-19, entre as que se inclúen as rexións españolas de Cataluña, Aragón e Navarra.

O Robert Koch Institut (RKI) publica e actualiza periódicamente listas dos lugares de maior risco de infección por COVID-19. Pódense consultar a través da seguinte ligazón: https://www.rki.de/DE/Content/InfAZ/N/Neuartiges_Coronavirus/Risikogebiete_neu.html

EXENTOS OS CONDUTORES PROFESIONAIS

Segundo a información trasladada por parte da World Road Transport Organisation (IRU), os condutores de vehículos de transporte internacional de mercadorías non están suxeitos ás probas COVID-19 obrigatorias, xa que o punto 4 da Ordenanza correspondente establece unha exención das probas obrigatorias para as persoas que están exentas da cuarentena de 14 días segundo as regulacións rexionais COVID-19, entre as que se atopan as persoas que transportan profesionalmente mercadorías por estrada.