O Goberno permite solicitar ou ampliar unha moratoria de ata 9 meses no pago dos leasing e renting dos camións

Como é sabido, o pasado mes de xullo o Goberno aprobou un conxunto de medidas económicas de carácter administrativo para facer fronte á grave situación derivada da pandemia. Entre elas, incluíuse a moratoria no pago ás entidades financieiras, das cuotas mensuais de financiación dos vehículos de
transporte (leasing e renting principalmente).

Deste xeito, os autónomos/as e empresas de transporte de mercadorías puideron acollerse a un aprazamento de ata seis meses no pago das cuotas. Concretamente, dos camións de máis de 3,5 t de MMA, sendo suficiente con acreditar ante a entidade financieira que, como consecuencia da crise sanitaria, produciuse unha caída substancial na facturación de alomenos o 40% con respecto ao ano
anterior.

Ata un máximo de 9 meses de aprazamento

O Goberno dicidiu aprobar a posibilidade de ampliar ata un máximo de nove meses, o aprazamento do pago das cuotas de préstamos ou leasing dos vehículos de transporte.
A medida de ampliación da moratoria, atópase regulada no Artículo 7 do Decreto Lei 3/2021, de 3 de Febreiro de 2021, e poderán solicitala: a) aqueles/as que non solicitasen previamente a moratoria ou suspensión, ou b) os que desfrutasen dunha ou varias moratorias ou suspensións, por un prazo total acumulado inferior a nove meses por cada financiación.

Prazo de solicitude

Poderase solicitar na entidade financieira a moratoria ou suspensión no pago das cuotas da financiación dos vehículos de transporte, ata o 30 de marzo de 2021, inclusive.