O noso departamento de Fiscal e Laboral conta cunha amplia experiencia no sector do transporte, ofrecendo o asesoramento específico en materia fiscal, contrable e financieira que precisas.
Así pois, estudamos as características da túa empresa, para orientarche sobre o réxime fiscal que sexa máis ventaxoso no teu caso á hora de tributar:
- Persoas Físicas:
- Réxime de estimación obxectiva (módulos).
- Réxime de estimación directa.
- Persoas xurídicas:
- Réxime Xeral.
Axuda para obter os créditos e subvencións específicas de distintos organismos (ex. en canto á renovación da frota: Xunta, IC, Ministerio de Fomento, IGAPE, etc), así como servizos para unha perfecta xestión da túa empresa e cobertura de todas obrigas tributarias:
- Libros Contables: rexistro de facturas recibidas e emitidas, e libros de bens de inversión.
- Elaboración e presentación dos libros contables no Rexistro Mercantil, así como a inscrición de Contas Anuais.
- Tramitación e liquidación trimestral e anual e IVE e IRPF.
- Declaración da renta.
- Liquidación do imposto de sociedades.
- Recuperación do IVE internacional.
- Representación ante AEAT en caso de requerimento ou inspeccións tributarias.